jueves, 1 de octubre de 2015

VOCES DE MULLER

          A biblioteca do IES Celanova xa está a traballar na exposición Voces de Muller, co obxectivo de valorar as obras de escritoras de todo o mundo. O Departamento de Lingua galega e o EDLG colaboran neste proxecto sendo o noso cometido a elaboración  da listaxe de autoras galegas que se poden encontrar na  Biblioteca e que formarán parte de esta exposición. Con esto pretendemos dar a coñecer figuras importantes da nosa literatura e animar ao alumnado á lectura en galego.


          Literatura galega feminina que podedes atopar na Biblioteca:




Margarita Andión
Marilar Aleixandre
Fina Casaderrey
An Alfaya
Rosa Aneiros
Concha Blanco
Begoña Caamaño
Marica Campo
Raquel Campos
Maite Carranza
Paula Carballeira
Usía Casal
Laura Caaveiro
Ledicia Costas
Berta Dávila
Ana Romaní
Natalia Corbillón
Lola Gándara 
Alba Quintáns
Noelia Rodríguez
Ana Expósito Valle 
Elena Gallego Abad
Josefa Goldar
Mar Guerra
      Úrsula Heinze            
Francisca Herrera Garrido
Rosa Llorente
Andrea Maceiras

     Marina Mayoral
Patricia Melo
Tina Blanco
Teresa Moure
Teresa Otero Sande
María Xosé Porteiro
María Xosé quiezán
María Raimóndez
Yasmina Shawki
Anxos Sumai
Xohan Torres
Mará M. Vassart
Luísa villalta
Yuca

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

           Un ano máis volvemos das vacacións de verán con moita ilusión, cargados de boas intencións e con innumerables proxectos que iredes descubrindo a medida que avanza o curso.
            Coma todos os anos o Equipo de Dinamización lingüística xa se encontra traballando activamente co Equipo da Biblioteca do IES Celanova. Seguro que xuntos conseguiremos repetir un ano máis actividades interesantes para o alumnado nun entorno único.

viernes, 15 de mayo de 2015

CONCERTO MÚSICA ANTIGA




CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL
LETRAS GALEGAS 2015.

A fío da poesía neotrobadorista e neopopularista do homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Filgueira Valverde, o concerto terá seis pequenos capítulos que comezan co recitado de cada unha das Seis Cantigas do Mar “In modo Antico” deste literato, que irán completándose con música medieval de Martím Códax, Afonso X, Don Dinís e outra música europea, todo elo interpretado por Juan Manuel Vázquez Vázquez e Irma Fernández Alonso. Os instrumentos que se utilizarán son: Oud, vihuela, salterio, órgano portativo, frauta tenor e percusión. 


LETRAS GALEGAS 2015

              O próximo día 17 de Maio celébrase o Día as Letras Galegas. O homenaxeado este ano 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. Faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade.
Currículo
           Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións. 
Obras realizadas
        Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Seiscantis do mar inodo ntico, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...e

       

jueves, 14 de mayo de 2015


     
        Sen dúbida o Intercambio con outros centros é a actividade con maior acollida de todas as que se realizan no curso polo departamento de EDLG. E por fin chegou o día...
       A nosa chegada estaba prevista para as 10:00h e estábamos desexosos de baixar do autobús para o encontro co alumndado e profesorado do IES Ramón María Aller Ulloa de Lalín.
   Sobre as 11:00 iniciamos o camiño hacia Carboeiro no que disfrutamos  da visita guiada ó Mosteiro para proseguir o roteiro cara o paraíso das fervenzas do Toxa. Foron 6 Km de ruta na que compartimos charlas, risas e algunha que outra molladura.
      O tempo acompañounos durante todo o camiño. Pola tarde desprazámonos a visitar o recentemente restaurado Pazo de Liñares no que se atopa o museo do títere antes de partir de volta para Celanova.

   Só espero que eles disfrutaran tanto desta convivencia  coma nós e esperamos que o día 13 de Maio cando eles  veñan a Celanova poder recibilos e tratalos tan ben como eles a nós. Agardamos a súa visita.

                                           



martes, 24 de marzo de 2015

ENTROIDO NO IES CELANOVA

   
                                                          O ENTROIDO EN GALIZA
                                     
            O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica .                  
            O entroido celébrase tamén Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos do triángulo máxico de Xinzo de Limia, Verín e Laza aínda que tamén vos amosaremos outros entroidos  típicos de Galiza moitos deles declarados de interese turístico nacional.



              O TRIÁNGULO MÁXICO

              Peliqueiros de Laza
         
                                               
                                                   

                O Entroido de Laza é dos máis ancestrais 
e dos que realmente seguen a tradición.
peliqueiro é o personaxe central. Existen outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Convén dicir que o Peliqueiro é a máscara do Entroido ou carnaval de Laza, non é un disfraz, é unha máscara.
           O peliqueiro de Laza vai máis alá do que é un disfraz para converterse nun sentimento. É o rei e dono absoluto da festa.
         Os seis "chocos" similares a chocallos avisan da súa presenza. Cada un pesa quilo e media e están realizados de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso.
          O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais leva adornos e outros accesorios.
          A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompones "pondóns" que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais.
          Na man leva a zamarra, é unha especie de fusta que se usa únicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou interpóñense no seu camiño.
          A camisa é branca e leva gravata.
          Leva como pode verse unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e finalmente leva medias vermellas con ligas e zapatos negros. Ademais doutros adornos varios.
Saen sobre 150 peliqueiros cada domingop de entroido ou carnaval.
"O peliqueiro non é un disfraz, lévase dentro"


Cigarróns de Verín

                    .                                         


               A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do Cigarrón no val de Verín. Consta esta máscara dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa.                                                                                                                     Como roupa leva vestida unha camisa branca con gravata vermella (na actualidade de cores variadas) e por riba unha chaquetiña curta de seda con galóns e alamares dourados. Cubrindo os hombreiros, charretas de militar proveídas de dourados frecos e pano de cores sobre eles, prendido con broches femininos. A chaquetiña non cerra no peito, senón que se asegura cuns barazos atados con lazada. Na cintura, faixa de varias voltas e por riba dela cinto de coiro do que penduran por atrás, preferiblemente seis grandes chocas. Estas chocas ou chocallos, de cobre, colócanse alternas pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos). Ademáis de iren alternadas, deben tamén estar concertadas para que produzan o seu son característico. Unha das artes dos Cigarróns consiste precisamente en mover con xeito as chocas, usando o propio movemento do corpo. Cubrindo as pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cúbrese con medias brancas que se suxeitan con ligas. Nos pés, calzado de zapato negro e corrente. Na man levan unha zamarra ou látigo do que pende, unha badana de pe.


                                                Pantallas de Xinzo de Limia
                                                 










                                         


                  O símbolo do Entroido de Xinzo é a pantalla. A súa función dentro do entroido é a de vixiar que ninguén se pasee pola rúa sen disfraz. Quen sexa pillado sen disfraz terá que invitar a unha rolda de viño. O que se resista será perseguido, reducirase e levarase nos brazos ata o bar máis próximo para pagarlle uns viños á cuadrilla de pantallas.
Diante das mulleres e os forasteiros, as Pantallas, que emiten un son xordo como dun animal ou un cocón metendo medo, saltan e simulan un acoso. Estas máscaras corren polas rúas golpeando entre si as vexigas e facendo soar as campás que levan cinguidas á cintura.
               A vestimenta da pantalla está formada por unha camisa de felpa e un calzón branco, unhas polainas negras e unha capa vermella con fitas de distintas cores. O que permite identificar ás pantallas inmediatamente son as dúas vexigas de vaca secadas e infladas que levan na man.
             A pantalla é o nome que se lle da a careta, e tamén o nome do conxunto. A careta faise nunha soa peza conde cartón, papel periódico, feltro fariña, auga e pintura, que logo se encaixa na cara e cabeza collendo a forma de gorro ríxido que remata, na parte frontal. Ten cara de demo, cos cornos incluídos, con cara de sorna. A parte de arriba adórnase con motivos astrais ou animais totémicos. Uns aros fan a función de barba e unha tea, a percalina, colga polos lados

                                         
                                                           
                                                        

         
OUTROS PERSOAXES DO NOSO ENTROIDO

                                                                                                 Vergalleiros


                                                                           



            O Vergalleiro é típico de Sarreaus, onde tamén os carnavais son moi soados. Esta figura, equivale ao cigarrón ou peliqueiro pero como se ve na fotografía presenta as súas diferenzas. O traxe leva unha camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas tambien negras con borlas vermellas, que van dende o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella, colgando chócalas ou campaíñas pequenas e borlas negras. O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa.
  O Vergalleiro foi recuperada polo ano 1994, pero hoxe xa está moi arraigada como máscara de Sarreaus. O traxe é moi bonito e como pode verse reproduce unha cara masculina e sorrinte. O vergalleiro leva a maiores un vergallo, que lle dá nome, e un corno para poñer unha música moi especial en enxebre nesta festa.
Un carnaval que merece la pena ser estudiado y que tratan de mantener el pueblo de Sarreaus.



Volantes


                                                                
               
                          En canto aos personaxes típicos do Entroido Ribeirao caben ser destacados, por enriba de calquera outro, os volantes que doitan á celebración chantadina de gran parte da súa singularidade. Portan sobre a cabeza os famosos "puchos" que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 kilos, teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbio. Sobre ela colgan numerosas fitas ou "colonias" de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o "pucho" se coloquen bonecos e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias. Nos ombros, os volantes levan un pano cunha gran variedade cromática chamados "portugueses" para diferencialos dos utilizados na antigüidade, denominados "mariños" xa que moitos deles proviñan de ultramar sendo de cores máis tristes. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela aínda que na actualidade non é extraño ver os volantes con cromática azul/branco
 Felos


                                                             


       
                Os Felos de Maceda son a figura máis ancestral do entroido Ourensán.
Os felos son típicos da zona de Maceda. En opinión de moitos entendidos é o Entroido máis ancestral da zona, ainda que as guías locais lle presten máis atención a outros, non sei porqué razón. O felo é a figura principal, que é moi parecida ao peliqueiro, pero ten lixeiras diferenzas como pode observarse na fotografía: medias negras, etc.

                                                                                               Boteiros 


                                                                     
              

          O persoaxe emblemático de Viana do Bolo é o Boteiro, que durante os días de Entroido percorre as rúas da vila acompañando o Folión. Estes Foliones son procesións rituais compostas por 30 ou 40 veciños que, acompañados por bombos, aixadas, gadañas e cornos, visitan distintos pobos do municipio cos seus espectaculares e brillantes gorros. O significado que acompaña aos foliones alude á protección fronte a lso espítitus adversos, encarnados na mitoloxía popular polas "meigas" e "trasnos".
              O Boteiro aparece ataviado cunha careta de madeira tallada e pintada de negro, e unha pantalla de arame e cartón forrado de papeliños multicolor que chega a medir un metro de altura e vai debuxando formas fabulosas. Leva camisa de liño forrada de lazo de raso ou seda cheas de cor. O pantalón é vermello con flocos dende a cintura ata o papo da perna, e leva un cinto de "chocas" con cuxo peculiar son van avisando o seu paso da chegada do Boteiro. Porta ademais nas mans unha longa vara de madeira rematada nunha borla, denominada localmente "monca", coa cal se axuda para dar brincos máis intimidatorios e abrir o Folión. Outros personaxes peculiares do Entroido de Viana son a Mula e oMaragato. A Mula, feita cunha manta de cabalo, baixo a cal se agrupa o pelotón de rapaces, vai dando couces aos presentes, mentres o Maragato o conduce e guía entre a multitude.


O NOSO TABOLEIRO
                                                                     



INVITÁMOSTE Ó NOSO ENTROIDO



jueves, 5 de marzo de 2015

REVISTA O POLEIRO


jueves, 26 de febrero de 2015

TARDE MÁXICA CON MIL SORRISOS E UN PERDÓN




                   O luns día 9 de febreiro, foi para nós un día de nerviosismo e moita emoción. As 4.30 da tarde tería lugar na Biblioteca do centro a proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón". Preguntarédesvos o porqué de tanto estusiasmo...e velaí vai a resposta.
                 " Mil sorrisos e un perdón" é un documental producido por Bruno Nieto Estévez e prtagonizado por Daniel Fernández Carril. Ámbolos dous ex-alumnos do IES Celanova. Desde aquí queremos rendirlles o noso pequeno tributo, apoialos no seu camiño e desexar que tanto talento reciba a súa merecida recompensa.
                  A conexión de Bruno e Dani cos 130 alumnos participantes na actividade foi máxica e inmediata...a única obxección, por dicir algunha, e que nos quedamos con ganas de máis...de máis respostas, de máis sorrisos...en definitiva de máis tempo na vosa compaña.
                  A ti Dani agradecerche que compartiras con todos nós a túa historia con tanta xenerosidade, simpatía e naturalidade e grazas a Bruno por contala do mellor xeito posible...con esa sensibilidade que só os artistas con gran talento poden facer.
Mil sorrisos e un perdón non só é un documenral, é una lección de vida da que todos e cada un de nós deberíamos aprender. GRAZAS 

NADAL NO IES

Dende principios do mes de decembro, xa é unha tradición no centro que os alumnos de tódolos niveis de ESO, coa colaboración dos seus profesores de Educación plástica e visual, realicen postais sobre a súa particular visión do nadal, dando continuidade o certame que o centro leva realizando por anos. Todas elas expóñense no taboleiro de normalización lingüística a partir do 9 de Decembro. Penso que este ano foi un pouco precipitado e creo que hai moito máis talento en Celanova do que estas imaxes demostran...Prometemos mellorar para o ano que ven.






martes, 24 de febrero de 2015

O MAGOSTO





Este ano os alumnos do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desexaban celebrar esta festividade tan arraigada na nosa cultura dun xeito diferente...todo o alumnado coa participación dun gran número de profesores colaboradores e coordinado polo EDLG iríamos a xantar e facer distintos talleres de actividades por grupos ó Monte da Cruz en Celanova. Por desgraza as inclemenzas meteorolóxicas non nos permitiron celebralo como estaba previsto. Os alumnos previamente realizaron distintos traballos sobre a orixe e tradición desta festa en Galiza e fundamentalmente na provincia de Ourense. 
                                     


                                                       O MAGOSTO

O magosto surxe en Lugo e en Ourense (no interior) á sombra dos soutos, cando ó final da colleita de castañas se facía unha pequena festa cos “excedentes” acompañándoos de productos do país (quiexo, broa, viño...) e no que mozos e mozas aproveitaban para botarse desafíos uns a outros sen deixar de cantaruxar.
O magosto tamén se extendiu pola costa, pero máis ben neste último cuarto de século, celebrándose nas escolas por maestros do interior ou que simplemente apreciaban os costumes e a identidade galegos, aínda que si se coñecía e celebraba nalgúns sitios puntuais donde abundaban os soutos.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.
Esta festa tradicional galega é para nós, e para todos os xóvenes galegos de hoxe en día, unha oportunidade de conservar tradicións da nosa terra, ademais de pasar unha tarde moi entretida e divertida con coñecidos e amigos de todas as idades. 

(Alumnos 3º ESO A)



                                    I
     

                                     Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
                                     todos din que teñen alma de muller;
                                     pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
..............                     .¡Ai!, ¿de qué a teréi?



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O longo de esta semana, o alumnado de 1º de ESO do IES Celanova en colaboración cos profesores de lingua galega, traballarán sobre a figura de Rosalía de Castro rendéndolle os seu particular tributo á autora


Xa en proceso...só teredes que esperar uns días máis para ver o resultado.