jueves, 26 de febrero de 2015

TARDE MÁXICA CON MIL SORRISOS E UN PERDÓN




                   O luns día 9 de febreiro, foi para nós un día de nerviosismo e moita emoción. As 4.30 da tarde tería lugar na Biblioteca do centro a proxección do documental "Mil sorrisos e un perdón". Preguntarédesvos o porqué de tanto estusiasmo...e velaí vai a resposta.
                 " Mil sorrisos e un perdón" é un documental producido por Bruno Nieto Estévez e prtagonizado por Daniel Fernández Carril. Ámbolos dous ex-alumnos do IES Celanova. Desde aquí queremos rendirlles o noso pequeno tributo, apoialos no seu camiño e desexar que tanto talento reciba a súa merecida recompensa.
                  A conexión de Bruno e Dani cos 130 alumnos participantes na actividade foi máxica e inmediata...a única obxección, por dicir algunha, e que nos quedamos con ganas de máis...de máis respostas, de máis sorrisos...en definitiva de máis tempo na vosa compaña.
                  A ti Dani agradecerche que compartiras con todos nós a túa historia con tanta xenerosidade, simpatía e naturalidade e grazas a Bruno por contala do mellor xeito posible...con esa sensibilidade que só os artistas con gran talento poden facer.
Mil sorrisos e un perdón non só é un documenral, é una lección de vida da que todos e cada un de nós deberíamos aprender. GRAZAS 

NADAL NO IES

Dende principios do mes de decembro, xa é unha tradición no centro que os alumnos de tódolos niveis de ESO, coa colaboración dos seus profesores de Educación plástica e visual, realicen postais sobre a súa particular visión do nadal, dando continuidade o certame que o centro leva realizando por anos. Todas elas expóñense no taboleiro de normalización lingüística a partir do 9 de Decembro. Penso que este ano foi un pouco precipitado e creo que hai moito máis talento en Celanova do que estas imaxes demostran...Prometemos mellorar para o ano que ven.






martes, 24 de febrero de 2015

O MAGOSTO





Este ano os alumnos do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desexaban celebrar esta festividade tan arraigada na nosa cultura dun xeito diferente...todo o alumnado coa participación dun gran número de profesores colaboradores e coordinado polo EDLG iríamos a xantar e facer distintos talleres de actividades por grupos ó Monte da Cruz en Celanova. Por desgraza as inclemenzas meteorolóxicas non nos permitiron celebralo como estaba previsto. Os alumnos previamente realizaron distintos traballos sobre a orixe e tradición desta festa en Galiza e fundamentalmente na provincia de Ourense. 
                                     


                                                       O MAGOSTO

O magosto surxe en Lugo e en Ourense (no interior) á sombra dos soutos, cando ó final da colleita de castañas se facía unha pequena festa cos “excedentes” acompañándoos de productos do país (quiexo, broa, viño...) e no que mozos e mozas aproveitaban para botarse desafíos uns a outros sen deixar de cantaruxar.
O magosto tamén se extendiu pola costa, pero máis ben neste último cuarto de século, celebrándose nas escolas por maestros do interior ou que simplemente apreciaban os costumes e a identidade galegos, aínda que si se coñecía e celebraba nalgúns sitios puntuais donde abundaban os soutos.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, San Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas. Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas.
Esta festa tradicional galega é para nós, e para todos os xóvenes galegos de hoxe en día, unha oportunidade de conservar tradicións da nosa terra, ademais de pasar unha tarde moi entretida e divertida con coñecidos e amigos de todas as idades. 

(Alumnos 3º ESO A)



                                    I
     

                                     Daquelas que cantan ás pombas i ás frores
                                     todos din que teñen alma de muller;
                                     pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
..............                     .¡Ai!, ¿de qué a teréi?



--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O longo de esta semana, o alumnado de 1º de ESO do IES Celanova en colaboración cos profesores de lingua galega, traballarán sobre a figura de Rosalía de Castro rendéndolle os seu particular tributo á autora


Xa en proceso...só teredes que esperar uns días máis para ver o resultado.