martes, 24 de marzo de 2015

ENTROIDO NO IES CELANOVA

   
                                                          O ENTROIDO EN GALIZA
                                     
            O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica .                  
            O entroido celébrase tamén Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos do triángulo máxico de Xinzo de Limia, Verín e Laza aínda que tamén vos amosaremos outros entroidos  típicos de Galiza moitos deles declarados de interese turístico nacional.



              O TRIÁNGULO MÁXICO

              Peliqueiros de Laza
         
                                               
                                                   

                O Entroido de Laza é dos máis ancestrais 
e dos que realmente seguen a tradición.
peliqueiro é o personaxe central. Existen outros personaxes secundarios, como a morena e o maragato. Convén dicir que o Peliqueiro é a máscara do Entroido ou carnaval de Laza, non é un disfraz, é unha máscara.
           O peliqueiro de Laza vai máis alá do que é un disfraz para converterse nun sentimento. É o rei e dono absoluto da festa.
         Os seis "chocos" similares a chocallos avisan da súa presenza. Cada un pesa quilo e media e están realizados de ferro e bronce. Suxéitanse grazas a un cinto de pel que soporta ese peso.
          O traxe está composto de varias pezas: careta, chaqueta, pantalón e a zamarra. Ademais leva adornos e outros accesorios.
          A careta é de madeira de bidueiro e a mitra é de aluminio, para que pese menos. Leva uns pompones "pondóns" que colgan dos extremos. Os motivos son principalmente animais.
          Na man leva a zamarra, é unha especie de fusta que se usa únicamente contra aqueles que non respectan o propio peliqueiro ou interpóñense no seu camiño.
          A camisa é branca e leva gravata.
          Leva como pode verse unha faixa por enriba dos calzóns que son curtos e finalmente leva medias vermellas con ligas e zapatos negros. Ademais doutros adornos varios.
Saen sobre 150 peliqueiros cada domingop de entroido ou carnaval.
"O peliqueiro non é un disfraz, lévase dentro"


Cigarróns de Verín

                    .                                         


               A máscara máis característica e arcaica da Comarca de Monterrei é a do Cigarrón no val de Verín. Consta esta máscara dunha carauta de pau traballada en madeira e pintada de xeito que nela resalten as cellas, as sonrosadas meixelas, amplo bigote, cínico sorriso mostrando a dentadura e barba falsa.                                                                                                                     Como roupa leva vestida unha camisa branca con gravata vermella (na actualidade de cores variadas) e por riba unha chaquetiña curta de seda con galóns e alamares dourados. Cubrindo os hombreiros, charretas de militar proveídas de dourados frecos e pano de cores sobre eles, prendido con broches femininos. A chaquetiña non cerra no peito, senón que se asegura cuns barazos atados con lazada. Na cintura, faixa de varias voltas e por riba dela cinto de coiro do que penduran por atrás, preferiblemente seis grandes chocas. Estas chocas ou chocallos, de cobre, colócanse alternas pois diferencian o seu son en machos (graves) e femias (agudos). Ademáis de iren alternadas, deben tamén estar concertadas para que produzan o seu son característico. Unha das artes dos Cigarróns consiste precisamente en mover con xeito as chocas, usando o propio movemento do corpo. Cubrindo as pernas levan calzón curto con trenzados de lá branca e de cor, frecos e borlas, nas que predominan as cores vermellas e verdes. O resto das pernas cúbrese con medias brancas que se suxeitan con ligas. Nos pés, calzado de zapato negro e corrente. Na man levan unha zamarra ou látigo do que pende, unha badana de pe.


                                                Pantallas de Xinzo de Limia
                                                 










                                         


                  O símbolo do Entroido de Xinzo é a pantalla. A súa función dentro do entroido é a de vixiar que ninguén se pasee pola rúa sen disfraz. Quen sexa pillado sen disfraz terá que invitar a unha rolda de viño. O que se resista será perseguido, reducirase e levarase nos brazos ata o bar máis próximo para pagarlle uns viños á cuadrilla de pantallas.
Diante das mulleres e os forasteiros, as Pantallas, que emiten un son xordo como dun animal ou un cocón metendo medo, saltan e simulan un acoso. Estas máscaras corren polas rúas golpeando entre si as vexigas e facendo soar as campás que levan cinguidas á cintura.
               A vestimenta da pantalla está formada por unha camisa de felpa e un calzón branco, unhas polainas negras e unha capa vermella con fitas de distintas cores. O que permite identificar ás pantallas inmediatamente son as dúas vexigas de vaca secadas e infladas que levan na man.
             A pantalla é o nome que se lle da a careta, e tamén o nome do conxunto. A careta faise nunha soa peza conde cartón, papel periódico, feltro fariña, auga e pintura, que logo se encaixa na cara e cabeza collendo a forma de gorro ríxido que remata, na parte frontal. Ten cara de demo, cos cornos incluídos, con cara de sorna. A parte de arriba adórnase con motivos astrais ou animais totémicos. Uns aros fan a función de barba e unha tea, a percalina, colga polos lados

                                         
                                                           
                                                        

         
OUTROS PERSOAXES DO NOSO ENTROIDO

                                                                                                 Vergalleiros


                                                                           



            O Vergalleiro é típico de Sarreaus, onde tamén os carnavais son moi soados. Esta figura, equivale ao cigarrón ou peliqueiro pero como se ve na fotografía presenta as súas diferenzas. O traxe leva unha camisa de liño con tres fitas entrelazadas de cor verde, negra e vermella; un chaleco de feltro negro e polainas tambien negras con borlas vermellas, que van dende o xeonllo aos pés. Faixa tamén vermella, colgando chócalas ou campaíñas pequenas e borlas negras. O corno de vaca é imprescindible para chamar co seu son á festa.
  O Vergalleiro foi recuperada polo ano 1994, pero hoxe xa está moi arraigada como máscara de Sarreaus. O traxe é moi bonito e como pode verse reproduce unha cara masculina e sorrinte. O vergalleiro leva a maiores un vergallo, que lle dá nome, e un corno para poñer unha música moi especial en enxebre nesta festa.
Un carnaval que merece la pena ser estudiado y que tratan de mantener el pueblo de Sarreaus.



Volantes


                                                                
               
                          En canto aos personaxes típicos do Entroido Ribeirao caben ser destacados, por enriba de calquera outro, os volantes que doitan á celebración chantadina de gran parte da súa singularidade. Portan sobre a cabeza os famosos "puchos" que non son outra cousa que enormes gorros dos que se di que teñen a forma de camarín da Virxe. Estruturas moi pesadas, estímase que poden chegar a pesar 15 kilos, teñen unha estrutura interna de madeira feita con paus de vimbio. Sobre ela colgan numerosas fitas ou "colonias" de moita anchura e lonxitude cunha gran profusión de colorido. Tamén é común que sobre o "pucho" se coloquen bonecos e flores que nun tempo eran elaboradas polas mulleres das distintas parroquias. Nos ombros, os volantes levan un pano cunha gran variedade cromática chamados "portugueses" para diferencialos dos utilizados na antigüidade, denominados "mariños" xa que moitos deles proviñan de ultramar sendo de cores máis tristes. O volante, sempre masculino, ten unha vestimenta inferior caracterizada por presentar unha serie de bandas con cores moi significativas; son comúns as cores vermella e amarela aínda que na actualidade non é extraño ver os volantes con cromática azul/branco
 Felos


                                                             


       
                Os Felos de Maceda son a figura máis ancestral do entroido Ourensán.
Os felos son típicos da zona de Maceda. En opinión de moitos entendidos é o Entroido máis ancestral da zona, ainda que as guías locais lle presten máis atención a outros, non sei porqué razón. O felo é a figura principal, que é moi parecida ao peliqueiro, pero ten lixeiras diferenzas como pode observarse na fotografía: medias negras, etc.

                                                                                               Boteiros 


                                                                     
              

          O persoaxe emblemático de Viana do Bolo é o Boteiro, que durante os días de Entroido percorre as rúas da vila acompañando o Folión. Estes Foliones son procesións rituais compostas por 30 ou 40 veciños que, acompañados por bombos, aixadas, gadañas e cornos, visitan distintos pobos do municipio cos seus espectaculares e brillantes gorros. O significado que acompaña aos foliones alude á protección fronte a lso espítitus adversos, encarnados na mitoloxía popular polas "meigas" e "trasnos".
              O Boteiro aparece ataviado cunha careta de madeira tallada e pintada de negro, e unha pantalla de arame e cartón forrado de papeliños multicolor que chega a medir un metro de altura e vai debuxando formas fabulosas. Leva camisa de liño forrada de lazo de raso ou seda cheas de cor. O pantalón é vermello con flocos dende a cintura ata o papo da perna, e leva un cinto de "chocas" con cuxo peculiar son van avisando o seu paso da chegada do Boteiro. Porta ademais nas mans unha longa vara de madeira rematada nunha borla, denominada localmente "monca", coa cal se axuda para dar brincos máis intimidatorios e abrir o Folión. Outros personaxes peculiares do Entroido de Viana son a Mula e oMaragato. A Mula, feita cunha manta de cabalo, baixo a cal se agrupa o pelotón de rapaces, vai dando couces aos presentes, mentres o Maragato o conduce e guía entre a multitude.


O NOSO TABOLEIRO
                                                                     



INVITÁMOSTE Ó NOSO ENTROIDO



jueves, 5 de marzo de 2015

REVISTA O POLEIRO