CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL
LETRAS GALEGAS 2015.
A fío da poesía neotrobadorista e neopopularista do homenaxeado nas
Letras Galegas deste ano, Filgueira Valverde, o concerto terá seis pequenos
capítulos que comezan co recitado de cada unha das Seis Cantigas do Mar “In modo Antico” deste literato, que irán
completándose con música medieval de Martím Códax, Afonso X, Don Dinís e outra
música europea, todo elo interpretado por Juan Manuel Vázquez Vázquez e Irma
Fernández Alonso. Os instrumentos que se utilizarán son: Oud, vihuela,
salterio, órgano portativo, frauta tenor e percusión.
CONCERTO MÚSICA ANTIGA