viernes, 21 de octubre de 2016

OUTONO DAS LETRAS

Xa  estamos de volta!!!!O EDLG do IES Celanova xa está traballando en novos proxectos e actividades nas que os alumnos e profesores do centro se impliquen como ata agora ou máis no uso do galego falado e escrito, nas aulas e fóra delas.
Por iso estamos a preparar o noso particular Outono da Lingua, onde os alumnos exporán no taboleiro de EDLG as súas redaccións, poemas propios e poemas de autor cunha temática común: o outono en tódalas súas facetas: fermosas paisaxes, festas populares, gastronomía...
En breve xa vos poderemos amosar o resultado.





Chega o outono

O outono chega moi calado
co seu vestido marrón,
levantando un aire fresco
e anunciando a súa estación.

Dinos adeus o verán
chove e chove sen parar
as árbores sen follas
peladiñas quedarán.

O outono ten un pincel
que pinta o campo dourado,
as nubes as pinta de gris
e o sol píntao de nublado.

Os paxaros en bandada
voan hacia outro lugar
porque teñen moito frío
e aquí non poden piar.




 PERDIDO NOS RECORDOS


         Xoán púxose a camiñar costa arriba cara á praza principal do pobo. Ía unha tarde fresca, xa que estaban case a mediados de novembro, e non dubidou en poñerse abrigo.
         O sitio estaba animado, xa que ese día celebrábase o magosto no lugar.
         Avanzaba o rapaz en absoluta tranquilidade, cando de súpeto, divisou a dúas persoas encarapuchadas e cunha indumentaria completamente negra, que se metían con celeridade por unha canella intransitada.
         Extrañado e en parte asustado, rememorou os feitos con extrema cautela. O medo fixo que arribara antes de tempo nun improvisado lugar, esperando a que pasase o temporal.
         En poco tempo chegou a praza, e alí si que xa non habería problemas, dado que estaba ateigada de xente.
         Nunha beira estaban uns axudantes, que case non daban feito, e no resto do espazo, xente a rebosar de ledicia.
         Algúns cantaban e bailaban ao son dunha música da que Xoán descoñecía o procedencia; outros comían e outros conversaban.
         O rapaz divisou aos seus amigos entre a multitude e púxose a camiñar cara eles, cando de súpeto, un vehículo negro apareceu. Del saíron os dous encarapuchados, que tiraron (coido que era unha mochila), a cadanseu lado.
         A partir dese momento, non hai máis recordos.


David Pereira Rodríguez 3º ESO B




O outono da vida

Ai o outono!!!
de follas vermellas, amarelas
e laranxas.
Ti que as árbores ispes
e engalanas os camiños como uns interminables
sendeiros de lume baixo,
tempo de frío e festas sen fin.
As páxinas do teu libro,
todo o mundo ás recolle para os seus versos ler.
Cando remata o poema da túa vida
Comeza o outono a desaparecer

Cristopher Vadir Alonso Castro 1º ESO A








As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
folliñas
que veñen e van.
Folliñas
lixeiras e secas
fatigadas
de troular.
Folliñas
que bailan
co vento
todos collidos
da man.

Antonio García Teijeiro




Ven  onda nós o outono
da cabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.


Síntoo chegar contento

da eterna viaxe
enredando entre as follas 
estrando friaxe

Ana Mª Fernández "Ondas de verde e azul" Xerais






OS CAMIÑOS

Fas coas follas camiños,
con cores fas sentimentos
Fas caer os froitos da terra
e nos ofreces os que tes dentro

Ti coidas fermosas paisaxes
que nos regalan poesía e cor
que se visten coas follas
para poder sentir a súa calor










 

Don carballo chora landras
na amencida.

E don Outono baballa
néboa fría.

Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.

E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.

Helena Villar e Xesús."Dona e Don" Árbore-Galaxia